Monday 13 de May de 2024

O Teatro Rosalía pospón a venda de entradas soltas para o ciclo Principal


Anunciará nova data unha vez que se reaxuste a capacidade máxima do teatro segundo a normativa actual de prevención da Covid-19

Debido ao cumprimento da normativa de prevención e loita contra a Covid-19, publicada no DOGA20.09.09, No 183-Bis, no relativo á realización de actividade en cines, teatros e outros recintos culturais, non se activará a venda de entradas soltas do ciclo Principal programado polo Teatro Rosalía para este outono até que se reaxuste a capacidade do recinto. Nos vindeiros dias anunciarase a nova data unha vez que se recalcule o espazo e a porcentaxe de ocupación co fin de ofrecer o servizo nun teatro seguro.